O Grupo de Investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC ( GI-1908) está formado por investigadores dedicados ao estudo dos textos gregos e latinos no Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana na Universidade de Santiago (nos seus campus de Santiago de Compostela e Lugo).
Desde 2015 é un Grupo de Referencia Competitiva recoñecido pola Xunta de Galicia. Esta web pretende servir de comunicación dos resultados de investigación, de espazo de presentación de actividades e de vía de relación entre investigadores.
Novas
Defensa da Tese Doutoral de Elena García Paleo
O día 18 de setembro de 2026 Elena García Paleo defendeu a súa Tese Doutoral Escroloxía ritual e debates literarios alexandrinos: estudo comparado na poética de Calímaco e Apolonio de Rodas á luz da hermenéutica antiga, dirixida pola profesora María Teresa Amado Rodríguez, ante un tribunal presidido por Lucía Rodríguez-Noriega Guillén, Catedrática de Filoloxía Grega da Universidade de Oviedo e coa presenza tamén de Begoña Ortega Villaro, Profesora Titular de Filoloxía Grega da Universidade de Burgos, e de Ángel Ruiz Pérez, Profesor Titular da Universidade de Santiago.
A tese obtivo unha cualificación de Sobresaliente cum laude por unanimidade.
No seu traballo, Elena García analiza o tratamento da escroloxía ritual na poesía de Calímaco e Apolonio de Rodas desde unha perspectiva atenta á hermenéutica antiga. Máis concretamente, a súa investigación examina de maneira comparada o retrato deste fenómeno en Aetia I e en Argonáuticas coa finalidade de determinar hasta que punto as diferenzas que presentan entre sí estes poemas responden a posicións ideolóxicas diverxentes ante unha cuestión de natureza filosófico-hermenéutica para os antigos: o valor da linguaxe escrolóxica como ferramenta para o coñecemento. Para isto, o seu estudo pon esta faceta da obra de Calímaco e de Apolonio de Rodas en diálogo cos testemuños sobre escroloxía relixiosa de figuras fundamentais para a configuración do pensamento hermenéutico antigo –como Platón, Aristóteles ou Crisipo–, testemuños que permiten reconstruír distintas posicións dentro do debate hermenéutico sobre o valor epistemolóxico atribuído á linguaxe escrolóxica na antigüidade. Esta perspectiva comparada permite situar o retrato da escroloxía ritual e relixiosa identificado en Aetia e Argonáuticas no marco dunha discusión central para a hermenéutica antiga: aquela que reflexiona sobre a capacidade da linguaxe, incluso nas súas formas máis transgresoras, para transmitir, revelar ou facer accesible o coñecemento da verdade.
.
A adúltera castigada no Pórtico de Praterías
José María Anguita Jaén, profesor titular de Filoloxía Latina en Lugo, acaba de publicar unha ampla e profunda investigación sobre a imaxe da muller cun cranio no seo esculpida no Pórtico de Praterías da Catedral de Santiago de Compostela (ca. 1100), que xa é...
Sétima Reunión Internacional de Investigación
Organizada polo Grupo de investigación de Referencia Competitiva“Estudos Clásicos e Medievais” (CLASMED GI-1908) DE LA ANTIGÜEDAD A LOS ALBORES DEL RENACIMIENTO: ESTUDIOS SOBRE LENGUA, TEXTOS Y MOTIVOS LITERARIOS 29 de septiembre de 2026Sala Académica – Facultade de...
Volume colectivo en recordo de Manuel Cecilio Díaz e Díaz
A editorial SISMEL-Edizioni del Galluzzo acaba de publicar o volume Autori, testi e manoscritti fra la penisola iberica e l’Italia: da Gregorio Magno a Gregorio VII. In ricordo di Manuel Cecilio Díaz y Díaz, que contén diversos traballos coherentes coa metodoloxía e...
Conferencia do profesor Edmondson
O vindeiro martes, 28 de outubro, ás 12h na Sala Académica da Facultade de Filoloxía terá lugar a conferencia impartida polo profesor Henry T. Edmondson III, do Xeorxia College and State University, de Milledgeville (Xeorxia, USA), sobre "Aristóteles e o lecer".
Seminario Épica flavia e interludios virgilianos
O vindeiro luns 22 de setembro de 2025 celebrarase na Facultade de Filoloxía da USC a sexta edición dos encontros internacionais de investigación organizados polo Grupo de Estudos Clásicos e Medievais (Clasmed,GI–1908). O seminario Épica flavia e interludios...
V Encuentro de Actualización Científica de ClasMed – Lunes 26 de mayo
El próximo lunes 26 de mayo se celebrará el V Encuentro de Actualización Científica del grupo de investigación ClasMed, una jornada dedicada al intercambio académico en torno a la lingüística latina y griega, en memoria de la profesora Concepción Cabrillana. La...





