No marco do Máster de Didáctica das Linguas Clásicas para a Educación Secundaria da USC, Clasmed organizou o curso Mitos e Imáxes, unha bomba pedagóxica. Foi impartido polo prof. Fernando Domènech, catedrático do IES María Casares, e celebrouse na Facultade de Filoloxía. Os estudantes da Facultade e os membros de Clasmed gozamos con este ameno e erudito percorrido polas grandes xoias artísticas que teñen como temática a mitoloxía clásica.
Moi recentemente, concluíu o curso Introdución ás Bases de Datos para a Investigación Filolóxica, que foi impartido por Francisco Cardama Santiago, investigador do CiTIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC). A organización do curso está en consonancia co interese que Clasmed ten en que os alumnos/as e mozos investigadores/as de Filoloxía Clásica da USC incrementen os seus coñecementos e capacidades no ámbito da informática.