Erasmo de Rotterdam e Tomás Moro publicaron unha versión latina de obras de Luciano, autor grego do século II d. C., orixinario de Siria e famoso pola súa agudeza. Un exemplar do volume, publicado en 1521, consérvase no fondo antigo da Biblioteca Xeral. A profesora Cabrillana, Catedrática de Filoloxía Latina desta Universidade, publica agora a tradución dos tratados pasados ao latín por Tomás Moro.
Estes son dos primerísimos escritos de Tomás Mouro que se conservan. O texto consta de varios Diálogos e unha peza retórica, O tiranicida, á que Mouro engade a súa propia resposta. Nela revela parte do seu pensamento inicial, que desenvolverá máis tarde nas súas principais obras. A súa tradución e a súa resposta permaneceran inéditas en castelán.
Luciano, escéptico, bromista e irónico, escribiu diálogos e historias moi entretidas. Por ese motivo elíxeno Erasmo e Moro para realizar as súas versións latinas. A Moro atráelle ademais o seu modo de ensinar e divertir a través da literatura, e o seu dominio da argumentación. O texto contén unha carta de Moro ao secretario do rei, os diálogos Cínico, Menipo, O amante da mentira, O tiranicida e a resposta de Moro a esta última obra.