Grupo de Investigación

Estudos Clásicos e Medievais

USC (Santiago/Lugo)

Grupo de Investigación

Estudos Clásicos e Medievais

USC (Santiago / Lugo)

O Grupo de Investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC ( GI-1908) está formado por investigadores dedicados ao estudo dos textos gregos e latinos no Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana na Universidade de Santiago (nos seus campus de Santiago de Compostela e Lugo).
Desde 2015 é un Grupo de Referencia Competitiva recoñecido pola Xunta de Galicia. Esta web pretende servir de comunicación dos resultados de investigación, de espazo de presentación de actividades e de vía de relación entre investigadores.

Novas

Curso de Iniciación á Programación. Filoloxía Clásica

Curso de Iniciación á Programación. Filoloxía Clásica

Do 18 ao 21 de marzo, o Grupo ClasMed organizará un curso de introdución á programación dirixido aos alumnos/-as e xóvenes investigadores/-as de Filoloxía Clásica da USC. Pódese consultar o programa aquí: https://clasmedusc.es/index.php/formacion/ O curso está...

Tres traballos sobre o Códice Calixtino do profesor Anguita Jaén

Tres traballos sobre o Códice Calixtino do profesor Anguita Jaén

De maneira case simultánea apareceron recentemente tres traballos sobre o Códice Calixtino do profesor José María Anguita Jaén. O primeiro deles («Pictavenses contra Cornubianos: unha polémica literaria con transfondo político entre Jofre de Monmouth e Aimerico...

Contacto