Portada

O profesor Varela Rodríguez vén de publicar na editorial SISMEL-Edizioni del Galluzzo unha monografía coa edición crítica, tradución, estudo e comentario das seccións hoxe conservadas dos Excerpta sancti Gregorii de Taio de Zaragoza (CPL 1269), un comentario exexético á Escritura elaborado a partir de extractos de Gregorio Magno. A súa edición e estudo son importantes para completar o coñecemento da mal comprendida produción literaria de Taio, pero tamén para profundar na tradición indirecta das obras de Gregorio Magno e, en concreto, na ramificación hispánica da mesma. Este volume tamén inclúe o estudo, edición, tradución e comentario de algunhas obras, na súa maioría inéditas, que circulan en paralelo aos Excerpta e que poderían ser da autoría de Taio ou da súa escola: De aenigmatibus in Salomone, De muliere forti, Commentarius in Ecclesiasten I, Commentarius in Ecclesiasten II, Alia excerpta in Proverbia.