Esta nova tradución da Eneida realizada por Dulce Estefanía constitúe unha revisión e actualización da versión que fose editada e reimpresa numerosas veces por Bruguera (entre 1968 e 1984) e finalmente por Promocións e Publicacións Universitarias (1988). Acompañada dunha introdución, un conxunto de notas explicativas e un breve glosario, a áxil e certeira prosa da tradutora convida a redescubrir esta imprescindible obra clásica da literatura occidental, a cuxa escritura e pulimento o poeta Virgilio (70-19 a.C.) dedicou o últimos once anos da súa vida.
A profesora Dulce Estefanía, licenciada e doutora en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, é discípula do profesor Antonio Tovar, de cuxa escola formou parte. Docente nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, como catedrática de Filoloxía Latina dedicouse particularmente ao estudo da épica dos períodos arcaico, imperial e tardío, do panegírico poético, do poema histórico, da autobiografía poética, do epigrama e da tradición clásica. É tamén tradutora da Farsalia de Lucano (Akal, 1989), dos Epigramas de Marcial (Cátedra, 1991) e, en colaboración co profesor Andrés Pociña Pérez, dos dous volumes da Historia da Literatura Romana escrita por Michael von Albrecht (Herder, 1997).