Cabrillana, C. (2021a), “Nominativo y Vocativo”, en J. M. Baños (coord. ed.), Sintaxis Latina, I. Introducción. Sintaxis de la oración simple, Madrid, CSIC: 111-134. ISBN Vol. I: 987-84-00-10826-7.
Cabrillana, C. (2021b), “Las oraciones finales y consecutivas”, en J. M. Baños (coord. ed.), Sintaxis Latina, II. Sintaxis de la oración compleja. Orden de palabras, Madrid, CSIC: 773-788. ISBN Vol. II: 978-84-88-10827-4.
Baños, J. M. & Cabrillana, C. (2021c), “El orden de palabras”, en J. M. Baños (coord. ed.), Sintaxis Latina, II. Sintaxis de la oración compleja. Orden de palabras, Madrid, CSIC: 897-944. ISBN Vol. II: 978-84-88-10827-4.
Esta Sintaxe latina é o resultado final dunha profunda revisión, actualización e ampliación dos contidos da Sintaxe do latín clásico (2009), que se reflicte na inclusión de novos apartados nalgúns capítulos, na reformulación de ideas e conceptos básicos, na adición de novos exemplos ou nunha maior énfase nas consideracións diacrónicas. O marco teórico desta Sintaxe é funcional, enriquecido, entre outros, con conceptos básicos da lingüística cognitiva. Entre outros aspectos, un valor obxectivo desta obra é a riqueza, e en moitos casos orixinalidade, dos textos que ilustran cada construción ou cada análise.
No volume I, a dra. Cabrillana é autora o capítulo dedicado ao nominativo, onde trata e exemplifica as posibles funcións sintácticas, semánticas e pragmáticas deste caso, tanto nos seus empregos coñecidos como nos denominados “agramaticais”; así mesmo, aborda o peculiar status dende o punto de vista sintáctico do vocativo, e mostra como é no nivel pragmático onde este caso amosa unha ampla funcionalidade e onde revela a súa capacidade para intervir en diversas estratexias de discurso.
No volume II, é autora do capítulo dedicado ás oracións consecutivas e finais, e co-autora do capítulo dedicado á orde de palabras. No primeiro deles, realiza un tratamento comparativo novo de consecutivas e finais no que analiza as características que comparten ambos os tipos de subordinadas e en que aspectos diferéncianse, mostrando o continuum que pode trazarse entre elas.
Por último, o capítulo centrado na orde de palabras —un dos máis amplos e dos que máis se enriqueceron e actualizaron de toda a obra— parte da presentación das distintas perspectivas de análises desta debatida cuestión, con especial atención ao enfoque funcional. A descrición e análise dunha significativa cantidade de datos sobre a orde de constituíntes dunha oración pon de manifesto, por unha banda, diferenzas diacrónicas importantes ao longo da historia do latín, e, por outro, a interrelación de factores (sintácticos e pragmáticos, sobre todo) de moi distinta natureza. Abórdanse, por último, algunhas particularidades da orde de palabras nos textos poéticos.