Moby_Dick_illustration

A Doutora María José Martín Velasco traballa actualmente, xunto con outros colegas de distintos ámbitos, nun traballo conxunto sobre as referencias aos clásicos nas grandes obras da literatura universal.

A obra na que se está centrando é Moby Dick. Presentou dúas comunicacións a congresos internacionais, unha sobre “O Simbolismo de Narciso en Moby Dick” en Aveiro no Congreso Internacional Ollares de Narciso: egotismo e alienaçao (10-11 de outubro de 2019) e antes no Congreso Myth and Emotions celebrado na Universidade Complutense do 24-28 de outubro de 2016 sobre “O simbolismo mitológico na interpretación de Moby Dick. Jean Giono e a súa homenaxe a Melville”.

Neste ámbito de investigación, un dos resultados destes traballos é a publicación do libro de Ricardo Moreno Castelo, Los griegos y nosotros, publicado en 2019 na editorial Fórcola.

Outro son as contribucións en Sinfonía de la mañana, un programa de Radio Clásica, de Xosé Antonio López Silva: nelas comenta a xestación das óperas de tema mítico, por exemplo, sobre a morte de Perseo.