Conservacion de la salud Portada

A editorial Peter Lang de Berlín acaba de sacar á luz a edición con introdución e notas dunha obra de contido médico publicada en 1597: La conservación de la salud del cuerpo y del alma, do médico e profesor da Universidade de Salamanca, Blas Álvarez Miraval.

A obra é un traballo conxunto dos profesores Eduardo Álvarez do Palacio, da Universidade de León, e de Ángel Ruiz Pérez, da Universidade de Santiago e membro do Grupo de Investigación “Estudos Clásicos e Medievais”.

O valor desta obra está sobre todo na elegancia da prosa, na exposición do estado da investigación en cuestións médicas, moi especialmente na interacción do corporal co espiritual. O médico Álvarez de Miraval acode a un amplísimo número de autoridades antigas, cuxas citas proceden de obras previas dese mesmo século. No libro hai un amplo estudo biobibliográfico de Santiago García Morilla, profesor da Universidade de León.