Wiener Studien

Joel Varela Rodríguez, profesor do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana e membro do Grupo de Investigación en Estudos Clásicos e Medievais, vén de publicar no último número da revista Wiener Studien – Zeitschrift für klassische Philologie, Patristik und lateinische Tradition un estudo e edición crítica dos fragmentos conservados dun comentario ao libro do Eclesiastés do obispo Gregorio de Elvira, que viviu entre a primeira metade do século IV e os primeiros anos do V. A orientación esexética de Gregorio de Elvira diverxe neste tratado da interpretación orixeniana, que se converteu en canónica tras a redacción do Commentarius in Ecclesiasten de Xerónimo de Estridón (s. IV). Esta edición crítica substitúe así as edicións anteriores, que non coñeceronnin analizaron toda a tradición manuscrita existente. Ademais, o profesor Varela Rodríguez publicou a editio princeps dun comentario medieval (ca. s. VII) baseado non só nos fragmentos conservados do tratado de Gregorio, senón tamén, moi posiblemente, en partes non directamente conservadas do mesmo.