Do 28 de novembro ao 2 de decembro de 2022 terá lugar na Universidade Complutense de Madrid o II Congreso Internacional Complutense de Asia Oriental, que leva por título Asia sobrenatural: relixión, ritual e folclore en Asia.
Neste contexto, o investigador en formación Manuel Mayo participa nunha mesa sobre ritualidade en Xapón cunha ponencia titulada “Ἄρκτος, ḫartak(k)a, bjǫrn, matu e kamui: o oso sagrado. Un vínculo xamánico entre as relixións indoeuropeas e asiáticas”. O traballo centrarase en plantexar as diferenzas e semellanzas entre os cultos indoeuropeos e asiáticos dedicados ao oso, utilizando o xamanismo e o zoomorfismo relixioso como punto de encontro entre dúas cosmovisións, aparentemente, diferentes.