libros XIII, XIV y XV de la Antología Palatina

A colección Alma Mater de textos clásicos, editada pola editorial del CSIC vén de publicar a nova edición dos tres últimos libros da Antoloxía Palatina. As autoras, Begoña Ortega e María Teresa Amado, revisaron o manuscrito Palatino 23, así como as syllogai,  a tradición apógrafa e as conxecturas más recentes. A edición incorpora os escolios breves das marxes na mesma posición na que están no manuscrito e edita os longos nos apéndices finais, xunto coa súa tradución. Especialmente útiles son as concordancias, que permiten localizar os textos na tradición manuscrita. Ademáis dunha breve introducción xeneral, cada libro leva a súa propia, así como a tradución, acompañada de casi un milleiro de notas. O libro será presentado nas XIX Jornadas de Bizancio, organizadas pola Sociedad Española de Bizantinística.