The Cambridge PIER Workshops 2021
O investigador Manuel Mayo participa nos Cambridge PIER Workshops 2021 cun panel sobre o tema indoeuropeo das aves que levan bebidas sagradas.

The Cambridge PIER Workshops son os eventos de quecemento previos ás conferencias de Proto-Indo-European Reconstruction: Problems, possibilities and new perspectives. Durante este evento, que terá lugar entre maio e xuño, celebraranse tres obradoiros arredor dalgúns temas centrais da reconstrución indoeuropea. O obxectivo deste encontro é estimular as discusións sobre problemas, posibilidades e novas perspectivas para áreas específicas da reconstrución protoindoeuropea.
O primeiro panel, que leva por título Reconstructing Indo-European Culture: Moving Through and Beyond Language, estará presidido polo investigador en formación Manuel Mayo, que falará sobre o tema indoeuropeo dos paxaros que levan bebidas sagradas aos deuses. Durante esta presentación levarase a cabo unha análise de textos pertencentes ás tradicións india, xermánica, grega, céltica e hitita para reconstruir, a través da metodoloxía da lingüística histórico-comparativa, o tema indoeuropeo indicado. Ademáis, para comprender o que hai detrás dos mitos sobre os paxaros que proporcionan bebidas con propiedades prodixiosas, farase un enfoque dende a perspectiva do xamanismo indoeuropeo e as teorías sobre a evolución da relixión.