LIBER-SANCTI-IACOBI_MG

José María Anguita Jaén “El primer relato sobre el origen de los vascos: Iulius Caesar ut traditur (Liber sancti Iacobi 5.7)” Anuario de Estudios Medievales 51.2 (2021) 497-531.

Estudo de un breve relato, presentado como tradicional no Codex Calixtinus (Liber sancti Iacobi 5,7), onde se explica a orixe dos vascos como un genus mixtum, froito da unión de mulleres autóctonas con mercenarios romanos de distintas etnias (escotos, cornualleses e nubios). A importancia deste relato, completamente eludido pola crítica, fúndase na súa condición de primeira etnoxénese vasca coñecida, anterior en varios séculos ás narracións aceptadas como tales de Barcelos e García de Salazar, primeiros historiadoes do señorío de Biscaia.

En calquera caso, o relato calixtino non só presenta coincidencias con estes autores, senón que tamén é o primeiro en reflectir os elementos que deron lugar ás teorías do vasco-iberismo e o vasco-cantabrismo de Garibay, xa no século XVII. Á parte disto, tamén pode erixirse en primeira testemuña absoluta dalgúns motivos recollidos por Ximénez de Rada ou Afonso X nas etnoxéneses ibéricas incluídas nas súas Historias de España e, máis curioso, doutros inmortalizados un século máis tarde no Poema de Fernán González. Non menos digno de nota é que o modesto relato calixtino fose lido e servido de inspiración a Xofre de Monmouth, o famoso creador de materia artúrica, na súa Historia regum Britanniae. Finalmente, é rechamante como algún dos elementos nucleares do seu argumento están en concordancia perfecta coa teoría da Vasconización ou Euskaldunización tardía, revitalizada nos últimos anos con crecentes datos e argumentos no eido da historiografía vasca.