CURSO DE FORMACIÓN 2019-2020
“Curso de teatro grecolatino”
Solicitarase o recoñecemento da actividade cunha equivalencia de 20 horas ante o Ministerio de Educación
1. OBXECTIVOS
Coñecer e practicar os mecanismos científicos, pedagóxicos, técnicos e artísticos precisos para o desenvolvemento do ensino e a posta en escena do teatro grecolatino.
2. CONTIDOS
a. Teóricos:
- O teatro grego: orixe, significado, difusión e a súa importancia no mundo clásico.
- O teatro latino: orixe, significado, difusión e a súa importancia no mundo romano.
- A influencia do teatro clásico na cultura occidental.
- Bases teóricas para un curto teatral en clase.
b. Prácticos:
- Ferramentas mínimas para realizar un curto teatral.
- Expresión oral: respiración, vocalización… (exercicios).
- Expresión corporal: facial, brazos, corpo… (exercicios).
- Movementos escénicos… (exercicios).
- Expresión teatral… (exercicios).
c. Elaboración e execución dun suposto práctico teatral.
3. METODOLOXÍA
- Clases teóricas para a parte de teoría.
- Clases prácticas sobre un escenario onde se desenvolvan todos os exercicios previstos.
- Elaboración dun suposto práctico teatral co alumnado.
- Exposición pública, mediante representación, do suposto práctico.
4. PROFESORADO
– Impartirá o curso o Prof. Jesús Ricardo Martín Fernández, Catedrático de Latín xubilado de Ensino Secundario e director teatral en posesión da Cruz de Alfonso X el Sabio (2019) pola súa contribución á divulgación do teatro grecolatino.
– Actuará como coordinadora do curso a Profa. María Teresa Amado Rodríguez, tesoureira de SEEC-Galicia e responsable do Festival de Teatro Grecolatino.
5. LUGAR, DATA E HORARIO
– Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela: aula C-08
– Xoves 14 de novembro, 5, 12 e 19 de decembro de 2019
– De 17:00h a 20:00h
6. INSCRICIÓN
Número de prazas: 20
Prezo: socios ordinarios SEEC 10 €, socios estudantes SEEC gratuíto, non socios 30 €
Modo de inscrición:
Solicitarase a inscrición antes do próximo luns 11 de novembro de 2019 mediante un correo enviado á Secretaría de SEEC-Galicia (secretaria@seecgalicia.org) no que se fará constar como asunto “curso de formación” e no que se indicará o nome completo do solicitante, o centro de traballo (de ser o caso) e a dirección de correo electrónico. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de chegada e terán preferencia os socios de SEECGalicia. O martes 12 de novembro comunicarase a todos os solicitantes a listaxe de admitidos.
Prezados socios e socias:
En arquivo adxunto vai toda a información sobre o curso de formación de profesorado sobre teatro grecolatino que organiza SEEC-Galicia en colaboración co grupo de investigación «Estudos Clásicos e Medievais» da USC.
Nótese que o prazo de inscrición é ata o próximo luns 11 de novembro.
SEEC-Galicia