Foto Tesis Eleonora Giunchi

O pasado luns 12 de decembro, a doutoranda Eleonora Giunchi defendeu a súa tese doutoral titulada “O léxico da combustión na literatura grega. Significados e representacións” dirixida por Ángel Ruiz Pérez. O tribunal, composto polos doutores Emilio Suárez de la Torre (Universidad Pompeu Fabra), María Teresa Amado Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela) e Camillo Neri (Università di Bologna), concedeulle á tese a cualificación de Sobresaliente cum laude.

Na súa tese, Eleonora Giunchi examina os significados figurados e simbólicos do léxico da combustión (tizóns, brasas, cinzas etc.) na literatura grega, propoñendo, ademais dunha discusión xeral do tema, seis estudos específicos relativos aos poemas homéricos, á comedia de Aristófanes e aos epigramas eróticos da Antoloxía Palatina.