Foto Tesis Eleonora Giunchi

No número recentemente aparecido da revista Hispania Sacra, do Instituto de Historia do CSIC, publican artigos dous membros do Grupo de Investigación Estudos Clásicos e Medievais.

O profesor Varela Rodríguez no seu artigo “Trezenzonio, revisitado. Noticias históricas de su culto, estudio, edición y traducción del relato De Solistitionis insula magna”, traza a historia do culto de Trezenzonio, santo popular venerado en Tuy desde a Idade Media e coñecido especialmente por un documento latino (De Solistitionis insula magna), que considera datable a mediados ou finais do século XI e composto co obxectivo de argumentar ante o público culto da súa época a veracidade dos seus feitos milagrosos.

Pola súa banda, o profesor Ruiz Pérez publica un traballo titulado “El grado de dependencia de san Juan de Ávila respecto a Erasmo para su lectura del texto griego del Nuevo Testamento”, onde analiza os textos de Erasmo aos que acudiu este santo, que lle permitían un acceso polo menos indirecto ao orixinal grego do Novo Testamento, que doutra banda documentan un aspecto da posible influencia do de Rotterdan en san Juan de Ávila.