cartel X ganimedes

Os próximos días 9, 10 e 11 de marzo terá lugar na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Granada (UGR), o Congreso Nacional Ganímedes deste ano, sendo ademais o décimo aniversario deste evento que reúne cada ano a xóvenes investigadores relacionados co campo da Filoloxía Clásica.

Dentro deste evento, dous investigadores pertencentes ao noso programa de doutoramento presentarán o seu traballo e farán achegas relacionadas co seu campo de investigación.

Por unha banda, Manuel Mayo nunha comunicación titulada “Ambrosía e néctar: unha cuestión de aves” falará sobre o alimento dos deuses por excelencia na tradición grega, a súa relación coas aves e os seus paralelismos con outras tradicións indoeuropeas e, por outra, Julia Hombre presentará “Vida, morte e resurrección nos episodios tebanos das Dionisíacas de Nono de Panópolis”, unha comunicación sobre a obra deste autor poético pertencente á, menos traballada, antigüidade tardía.