Latin_en_Bosnia

Jelena Jurčić, do Departamento de Lingua Latina e Literatura Romana da Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Mostar (Bosnia) realizou unha estancia na Facultade de Filoloxía da USC, dentro do marco dos intercambios Erasmus de profesorado.

Nunha conferencia o xoves pasado, sobre “Tradición e Estudos Clásicos en Croacia e Bosnia- Herzegovina”, deu a coñecer a situación destes estudos. Describiu primeiro as características principais de Mostar, unha cidade que padeceu duramente a guerra dos Balcáns, entre a súa tradición latina e o longo período de dominio turco de catro séculos, ata chegar ao Imperio Austro-Húngaro, que terminou en Saravejo en 1914: a Primeira Guerra Mundial. Falou logo en detalle sobre os estudos latinos na actualidade e a historia do ensino do latín na zona.