
A revista Classical Quarterly (Cambridge University Press) publicou no seu volume 78 o artigo da Profesora Cecilia Criado titulado “The Guilt of Cadmus the Farmer in Statius’ Thebaid”, ao que se pode acceder en aberto en https://doi.org/10.1017/S0009838824000193.
A autora estuda o inversión a que Statius somete o tradicionalmente positivo motivo do traballo agrícola. Con tal obxectivo. o poeta introduce dúas significativas innovacións con respecto aos seus precedentes temáticos: primeiro, o fundador da saga tebana, Cadmus, é explicitamente sinalado como culpable da loita fratricida que resulta da súa labor agrícola e, segundo, non só sementa a terra mais, previamente, a labra. Estacio confire invariablemente connotacións negativas ao motivo da labranza ao longo da súa composición. Os nefastos froitos que o traballo agrícola produce nas terras cadmeas amplifican a descrición lucanea dos surcos tesalios que, mancillados polo sangue dos combatentes romanos, producen colleitas contaminadas. A culpa que Estacio fai recaer sobre os ombros de Cadmo, a relación que establece entre a agricultura e a guerra fratricida, e a súa insistencia nos efectos perversos do traballo agrícola transforman á mítica Tebas nun trasunto da fratricida Roma tan apto como a Tesalia histórica de Lucano.