Portada

O profesor Ángel Ruiz Pérez, do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, acaba de publicar un artigo en Sarmiento, Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, sobre un episodio que ocorreu en 1866 entre un catedrático de grego, Santiago Usoz, e algúns alumnos que protestaron por perder o dereito aos exames ordinarios. O centro do traballo é a transcrición dun documento, do Arquivo Histórico Universitario de Santiago, onde se conta a investigación que realizou a propia Universidade, na que se documenta a tensión, nalgúns momentos moi alta, ata chegar ás mans, dun episodio desgraciado que foi corrixido con prudencia pola propia Universidade.