
Antonio Río Torres-Murciano, profesor da Universidade Nacional Autónoma de México e colaborador externo do Grupo de Investigación en Estudios Clásicos e Medievais, vén de publicar na colección Textos y Estudios Coloniales y de la Independencia (TECI) de Iberoamericana/Vervuert a primeira edición crítica e comentada dos vinte fragmentos conservados de Nuevo mundo y conquista, poema épico sobre a conquista de México escrito por Francisco de Terrazas entre 1569 e 1580. Na introdución a profesor Río aporta novos datos sobre a biografía do primeiro poeta novohispano, reconstrúe o deseño e o alcance do seu proxecto inconcluso e estuda as deudas que contraeu coas fontes historiográficas e cos modelos literarios que seguiu, así como a súa lingua e estilo e o propósito e a repercusión dunha obra coa que inaugurou o “ciclo épico cortesiano”.