A Dra. Criado, directora do proxecto de investigación en Humanidades dixitais Oedipodioniae Thebae. Biblioteca dixital grecorromana sobre a guerra civil (Tebas), que deu lugar ao sitio web Thebarum Fabula , lanzou unha campaña de promoción no mundo académico, en inglés e en español.
O lanzamento tivo un grande impacto nos campos académicos, tanto en propostas de colaboración como no acceso á web para proxectos de investigación paralelos.