Congreso Internacional sobre Nono de Panópolis

Do día 17 ao 20 de maio celebrouse na Universad Complutense de Madrid unha nova edición do congreso internacional Nonnus of Panopolis in Context V: Poetic Frontiers, organizado por David Hernández de la Fuente e Laura Miguélez Cavero.

A investigadora en formación Julia Hombre participou nesta edición cunha presentación titulada “Ominous omens, broken lineages. Reading the Dionysiaca as the story of a family”, coa que propón a posibilidade de ler as Dionisíacas de Nono de Panópolis como o relato familiar dos Cadmeos, sendo Dioniso o membro máis importante desta familia, en lugar de ler o poema como unicamente a historia de Dioniso.