
O adxectivo poético iókolpos e o trasfondo mistérico-escrolóxico nos Mimiambos de Herodas O pasado 4 de marzo, no seo do IX Congreso Ganimedes, celebrado por mor da Covid de forma virtual este ano, iniciáronse como poñentes na mesa de literatura grega os investigadores en formación Pablo Torres París e Elena García Paleo. O primeiro analizou o adxectivo poético iókolpos, ‘de seo de violeta’, atopado tan só no corpus de Safo e nunha única inscripción ática, e a súa posible vinculación coa xuventude e a partheneía. Pola súa parte, Elena García examinou os elementos obscenos da obra de Herodas e a súa relación co eido mistérico, prestando especial atención aos mimos sexto e sétimo, onde elementos como o hápax baubón ou as alusións á poetisa Nóside parecen evocar os códigos propios do culto a Perséfone na Lócride Epicefiria.