O pasado xoves 2 de marzo, João Paulo Galhano defendeu a súa Tese Doutoral titulada “Hittite Emotions in Lexical and Semantic Grounds. A research into the history of emotions through the hittite records”, dirixida por José Virgilio García Trabazo (USC) e Nuno Simões Rodrigues (Univ. de Lisboa). O tribunal, composto polos doutores José Luis García Ramón (Universität zu Köln), Alberto Bernabé Pajares (Universidad Complutense de Madrid) e Mariona Vernet Pons (Universitat de Barcelona), outorgou á Tese a calificación de Sobresaínte cum laude.
Na súa investigación, João Paulo Galhano pasa revista e evalúa a sensibilidade léxica da lingua hitita en relación co campo semántico das emocións. Examínase deste xeito a capacidade de lexicalizar canto hoxe en día se abrangue baixo a categoría léxica das emocións.
Trátase da primeira vez que se defende unha Tese sobre a lingua hitita na Universidade de Santiago. A importancia do estudo do hitita reside en que se trata da lingua indoeuropea coa documentación máis antiga de todo o grupo lingüístico. Daquela, o seu estudo é insustituible para a reconstrucción da lingua común prehistórica, e polo tanto para coñecermos a evolución da nosa familia lingüística.