A doutora Martín Velasco participou no IV Congreso Internacional da Sociedade Ibérica de Filosofía Grega (SIFG) coa comunicación titulada O valor do discurso persuasivo nas distintas etapas da traxedia.
Nel trataba por extenso como os atenienses perderon progresivamente a confianza na capacidade da persuasión para rexenerar a vida social ateniense. Esquilo está firmemente convencido da idoneidade do ser humano para chegar á verdade a través da linguaxe e nas súas traxedias dá indicacións de como debe ser esa lingua para cumprir coa súa misión. Eurípides, pola súa banda, coñecendo todos os mecanismos retóricos e manexándoos con gran mestría, centra o seu interese en revelar as posibles lagoas polas que a sociedade, precisamente por medio dunha linguaxe persuasiva, vai socavando os seus propios alicerces.