Tesis Elena García

O día 18 de setembro de 2026 Elena García Paleo defendeu a súa Tese Doutoral Escroloxía ritual e debates literarios alexandrinos: estudo comparado na poética de Calímaco e Apolonio de Rodas á luz da hermenéutica antiga, dirixida pola profesora María Teresa Amado Rodríguez, ante un tribunal presidido por Lucía Rodríguez-Noriega Guillén, Catedrática de Filoloxía Grega da Universidade de Oviedo e coa presenza tamén de Begoña Ortega Villaro, Profesora Titular de Filoloxía Grega da Universidade de Burgos, e de Ángel Ruiz Pérez, Profesor Titular da Universidade de Santiago.

A tese obtivo unha cualificación de Sobresaliente cum laude por unanimidade.

No seu traballo, Elena García analiza o tratamento da escroloxía ritual na poesía de Calímaco e Apolonio de Rodas desde unha perspectiva atenta á hermenéutica antiga. Máis concretamente, a súa investigación examina de maneira comparada o retrato deste fenómeno en Aetia I e en Argonáuticas coa finalidade de determinar hasta que punto as diferenzas que presentan entre sí estes poemas responden a posicións ideolóxicas diverxentes ante unha cuestión de natureza filosófico-hermenéutica para os antigos: o valor da linguaxe escrolóxica como ferramenta para o coñecemento. Para isto, o seu estudo pon esta faceta da obra de Calímaco e de Apolonio de Rodas en diálogo cos testemuños sobre escroloxía relixiosa de figuras fundamentais para a configuración do pensamento hermenéutico antigo –como Platón, Aristóteles ou Crisipo–, testemuños que permiten reconstruír distintas posicións dentro do debate hermenéutico sobre o valor epistemolóxico atribuído á linguaxe escrolóxica na antigüidade. Esta perspectiva comparada permite situar o retrato da escroloxía ritual e relixiosa identificado en Aetia e Argonáuticas no marco dunha discusión central para a hermenéutica antiga: aquela que reflexiona sobre a capacidade da linguaxe, incluso nas súas formas máis transgresoras, para transmitir, revelar ou facer accesible o coñecemento da verdade.

.